
Durante a Segunda Guerra Mundial, un escuadrón de JU-88 alemáns derriba un avión comercial fronte á costa de Cedeira. Non hai supervivintes.
Entre os pasaxeiros aparece un nome ilustre: Leslie Howard. Fálase de que era xudeu, de que era un propagandista antinazi, oo de que era un galán da industria de Hollywood. Pero, a miúdo, a historia escríbese con fragmentos do que xa foi esquecido.
Este é o relato da historia que puido ser, ou quizáis non, a travesía da última viaxe de Leslie Howard.
Trailer
Sinopse


A viaxe de Leslie é un documental que propón unha investigación sobre os detalles daquel suceso. Leslie Howard atopouse coa morte cando voltaba ao seu Londres natal tras pronunciar unha serie de conferencias en Lisboa e Madrid. Unhas horas antes de coller o avión, cenou en Lisboa co seu asistente, Alfred T. Chenhalls, e coa súa prima, Helen Girvin Balfour Gerassi. Helen quedou coa impresión de que, ao marxe dos seus traballos de conferenciante e actor, Leslie agochaba algo.


A viaxe de Leslie procura respostas ao misterio en torno a morte de Leslie Howard, adentrándose nunha historia de intriga e glamour. A miúdo, a historia escríbese con fragmentos do que xa foi esquecido. Este é o relato da historia que puido estar, ou quizáis non, detrás da última viaxe de Leslie Howard.
Ficha Técnica
Título: A Viaxe de Leslie
Xénero: Documental
Duración:
versión largometraxe, 75’
versión televisión, 57’
Formato: 16:9
Produtora: Portocabo
Distribución: Ximena Losada
Dirección e Montaxe: Marcos Nine
Produción Executiva: Pepe Coira
Idea Orixinal: Daniela Arias
Guión: Pepe Coira, Daniela Arias, Marcos Nine
Producido por: Alfonso Blanco
Postprodución e deseño gráfico: Fran X. Rodríguez
Son: Roi Gil
Voz en off: Carolina Vázquez
Documentación: Daniela Arias, Manuel López-Benito
Coordinación de produción: Pablo Silva

O Director

Cineasta e guionista que centra o seu traballo nos campos do documental e da experimentación. Inicia a súa carreira en 2001 como guionista de series de televisión como “Mareas vivas” e “Terra de Miranda”, ata que en 2003 iníciase como director de documentais con “Carcamáns” sobre a catástrofe do Prestige na Illa de Arousa. A partir desde momento comeza a desenvolver a súa carreira como director na cal destaca fundamentalmente polo uso e incorporación as súas películas de materiais preexistentes, xa sexan material fílmico ou material estático a partir dos cales desenvolve novos discursos. Autor de máis dunha ducia de títulos, algúns deles como “JEDN” (2006) ou “Radiografía dun autor de tebeos” (2010) puideron verse en distintos Institutos Cervantes de todo o mundo como Sao Paulo, Nova York, Estambul, Nápoles ou Manchester, ademáis de en festivais coma o Silver Docs, o SIFF de Seatle ou o Festival de Málaga. O seu nome está vencellado ao Novo Cinema Galego, etiqueta que agrupa a unha serie de autores galegos que se caracterizan polas súas creacións rupturistas coa lóxica da produción audiovisual convencional. A súa primeira longametraxe, “La Brecha” (2012) se estrena con éxito no prestixioso Festival de Cine Independente de Bos Aires, BAFICI. “A viaxe de Leslie” (2014) é a súa segunda longametraxe.
Notas de dirección



O seguinte paso foi dotar a esas secuencias remontadas de films de Leslie Howard dun novo contexto. Un dos grandes atractivos do argumento é o momento histórico que lle toca vivir a Leslie Howard. Vibe no periodo de entreguerreas, é combatente da I Guerra Mundial e ve cómo o seu fillo combate na II Guerra Mundial, pasa por Broadway, vive a época dourada de Hollywood, o nacemento dos estudios, etc. Todo este contexto histórico fai que un espectador poida entender e empatizar coa figura de Leslie.


“A viaxe de Leslie” pasou a ser un film cun enorme compoñente lúdico no cal todos os que participanos nél nos dedicamos a xogar coa historia, a mesturar ficción e realidadem e ao mesmo tempo, é tamén unha invitación a xogar a todo aquel que queira velo.

A Produtora
Portocabo é unha produtora nada en 2010, cunha clara vocación internacional. As producións de Portocabo van dirixidas ao mercado galego, español e internacional, especialmente en dúas liñas:
Ficción
Entre as últimas producións de Portocabo, destacan “The Avatars” (52×23’), unha comedia xuvenil ambientada en Nova York e rodada en Madrid e en inglés que xa foi estrenada en Italia; “Luci” (26×25’), unha single camera sitcom para TVG a cal acaba de ser vendida ao mercado norteamericano para a súa adaptación; “La revoltosa” (26×55’), comedia para a TV de Canarias e “Gran Nord” (26×55’), dramedia para Televisió de Catalunya.
Documental
Neste ámbito destaca “Galegos no mundo” (78×55’), unha serie documental para TVG; “A viaxe de Leslie”, a nosa primeira longametraxe e “Quiroga”, un documental actualmente en fase de produción.